ROMPENDO AS REGRAS: BREAKING THE RULES
O vídeo Breaking the Rules, integrado no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaba de recibir o seu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou a curtametraxe co Premio do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules). Con este proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.
O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título e a idea principal do seguinte vídeo:
O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.
O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.
MODELO A SEGUIR:
- Revisamos a teoría no libro de texto.
- Vemos o vídeo proposto para exemplo e lemos o comentario.
- Facemos un borrador individualmente.
- Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.
EXEMPLO:
Tema:
A estratexia de adaptación das algas "noctiluca scintillans".
Idea principal:
A idea principal do vídeo é explicar a vantaxe que ten para as algas noctiluca a produción de bioluminiscencia; con ela combaten aos seus predadores que se volven máis fráxiles ao adquiriren bioluminiscencia.
Título:
"Se me comes, hache pesar!"
Título: Os problemas do planeta Terra.
ResponderEliminarTema: Pola culpa da contaminación prodúcense enfermidades e alerxias.
A idea principal: A idea principal deste vídeo é a contaminación. Como se vai desenvolvendo a contaminación e afecta ao medio ambiente. Por culpa deso hai moita xente que ten alerxia.
Paula Gueimunde Fernández 1º de E.S.O a
TEMA: as alerxias e enfermidades a través de moitas complicacións da Terra e as consecuencias que se trae.
ResponderEliminarA IDEA PRINCIPAL: a idea principal do vídeo é, como pouco a pouco, se as persoas facemos cousas que prexudican ao medio ambiente, tamén se prexudica a Terra e pode desaparecer.
Explica tamén todos os gases que hai e de como a través das erupcións dos volcáns, aparecen alerxias e de todo iso; do quentamento global, da subida do nivel do mar por mor do quentamento e do desxeo dos casquetes polares.
TÍTULO:
O planeta Terra derrétese!
Iria Basanta e Paula Gueimundo 1º A
Comentario do vídeo . Curso:1º Grupo:A
ResponderEliminarEmma Díaz Canoura Nº:5
Yaiza Sousa Huertas Nº 20
Tema:
As principais causas e consecuencias da contaminación.
Idea principal :
A idea principal do vídeo é explicar o porqué da contaminación, é dicir,a súa orixe,as cousas que fan que cada día o planeta estea máis contaminado.
Título:
"Se contaminas ,algún día ,hache pesar."
Manu Fernández Peláez 1º A
ResponderEliminarLucas Gómez Pereira 1º A
Tema:
A contaminación no mundo(efecto invernadoiro).
Idea principal:
A idea principal do texto é explicar o que pode facer o efecto invernadoiro. Desde subir o nivel do mar ata que aumente demasiado a temperatura. E aínda por encima todos estes problemas causámolos nós; producindo CO2 cos nosos vehículos,coas chemineas das fábricas...
Que sepades que China é a cidade máis contaminada.
Título: Ti es o que contamina.
Carlos Rodríguez Camba 1ºB Nº 20
ResponderEliminarIván Miguel Silva Fraga 1º B Nº 21
TEMA
A alteración da atmosfera e as súas consecuencias.
IDEA PRINCIPAL
Explica as causas das alteracións da atmosfera, citando logo os principais problemas da contaminación provocada polo ser humano, e explicando o efecto invernadoiro e as súas consecuencias.
TÍTULO
Se contaminamos, ímolo pagar!
Título:
ResponderEliminar`` Alga sacrificada , depredador castigado´´
Tema:
A idea principal do vídeo é pensar coma unha alga , a súa intelixencia é de sacrificarse facéndose luminescente e o seu depredador. Cando o depredador faise luminescente e outro depredadores cómeno .
Daniel Calvo García e Jesús Fernández LouzaoTítulo:
`` Alga sacrificada , depredador castigado´´
Tema:
A idea principal do vídeo é pensar coma unha alga , a súa intelixencia é de sacrificarse facéndose luminescente e o seu depredador. Cando o depredador faise luminescente e outro depredadores cómeno .
Daniel Calvo García e Jesús Fernández Louzao
Tema: A contaminación e o efecto invernadoiro.
ResponderEliminarIdea principal: O efecto invernadoiro causámolo nós e o CO2. Podemos facer algo pero somos moi torpes e non pensamos, aínda que os prexudicar somos nós.
Titulo: A ignorancia é prexudicial.
NOEMÍ GARCÍA e ÁNGELA ÍNSUA, 1º B
Lucía Pernas González 1ºB
ResponderEliminarThalía Manzano Rolle 1ºB
Titulo:Como estamos enchendo o mundo coa contaminación
Tema:''As secuelas da contaminación da atomosfera''
A idea principal: A idea principal do video é, explicar todos os problemas que se foman coa contaminación, ou máis ben dito o que nós formamos. Tamén nos explica varios problemas como por exemplo o efecto invernadoiro, o buraco na capa de ozono e a contaminacion da capa da atmosfera...
E por último explicanos que temos que coidar o noso planeta pola grande razón de que os nosos descendentes se nos seguimos así eles sufrirán unha grande catastrofe.
Elena Ríos Rodríguez 1º B
ResponderEliminarYlenia Magalhaes Cal 1ºB
TEMA: “A Ecoloxía do Planeta Azul”
IDEA PRINCIPAL: A idea principal de este vídeo é propoñer acabar coa contaminación do noso planeta, para iso temos que intentar reciclar, diminuir a contaminación e ser máis ecolóxicos; para reducir a contaminación e reducir o efecto invernadoiro e gases como o feluxe. Outros métodos son diminuir o gasto da calefacción e do aire acondicionado e tamén o uso da auga e da luz.
TÍTULO: “Sexamos Ecolóxicos”