xoves, 29 de setembro de 2016

Traballos para días sen profa.

Pergamiño Vindel

Ola, rapaces! Canto me tarda vervos! Perdoade o abandono destes días. Espero poder compensalo.
Imaxino que co tempo libre que tivestes esta semana as tarefas do texto expositivo sexan de 10. Heinas revisar nos vosos cadernos cando volos pida.
NOVA TAREFA
Velaquí van as tarefas para esta semana:
1. Lectura e subliñado do tema  da Lírica medieval galego - portuguesa (No tema 2 e 3 do libro de texto) Como non teño libro aquí e traballo co móbil, que non me obedece ben, direivos o que quero que sinteticedes. Podedes utilizar o libro de texto, páxinas de Internet,...

PARA DOCUMENTARSE:

a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto?

b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.

PASOS

1. Borrador no caderno das vosas pesquisas.

Poñedes a data para ver o día que traballastes e canto. Non podedes esquecer a corrección ortográfica.

2. Pasamos a limpo o borrador ordenándoo en parágrafos cunha certa xerarquía e claridade.

3. Esquema (coas pautas xa vistas na aula)  do aprendido.

4. O esquema subídelo a esta entrada de blog identificándovos adecuadamente: nome e curso. Os apelidos non son necesarios, salvo confusións.
A avaliación do traballo entrará dentro desa porcentaxe do 20 % de traballos, actitude e demais...

Para visionar: 
O Pergamiño Vindel: preme no enlace:  https://youtu.be/FeWdmmBRcwQ

Traballo subenota

Escrita: Redacta un breve texto sobre a importancia do PV. Mándao nun procesador de textos, como arquivo adxunto a sabelaals@gmail.com.