xoves, 27 de novembro de 2014

Os determinantes.

Mapa mental sobre os determinantes. Se picades nas frechiñas, aparece aos poucos e quédavos máis claro para repasar este tema.


domingo, 23 de novembro de 2014

mércores, 19 de novembro de 2014

Novembro, mes da ciencia en galego.Comentamos curtas científicas.

ROMPENDO AS REGRAS:  BREAKING THE RULES

O vídeo Breaking the Rules, integrado no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaba de recibir o seu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou a curtametraxe co Premio do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules). Con este  proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.



O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título  e a idea principal do seguinte vídeo:


O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.

MODELO A SEGUIR:

  1. Revisamos a teoría no libro de texto.
  2. Vemos o vídeo proposto para exemplo e lemos o comentario.
  3. Facemos un borrador individualmente.
  4. Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.

EXEMPLO:




Tema:
 A estratexia de adaptación das algas "noctiluca scintillans".

Idea principal:
A idea principal do vídeo é explicar a vantaxe que ten para as algas  noctiluca a produción de bioluminiscencia; con ela combaten aos seus predadores que se volven máis fráxiles ao adquiriren bioluminiscencia. 

Título: 

"Se me comes, hache pesar!"


martes, 18 de novembro de 2014

Lendo Palabras de auga, I

Montaje creado Bloggif

Lectura do libro na aula

Sentados en equipos de catro, lede e comentade en equipo o seguinte cuestionario a Calveiro ( preme na ligazón): 



Como facedes?
Un alumno le a pregunta.
Un segundo alumno le a resposta que dá Marcos.
O terceiro alumno busca palabras que non se entenden  no dicionario. 
O cuarto alumno anota esas palabras buscadas. É imprescindible anotalas segundo se marca no dicionario.

Debate no grupo

Opinades sobre como é Marcos segundo o cuestionario. que vos parece., se vos axuda a coñecelo... É irónico? É contraditorio?

Escrita
Escribides a vosa reflexión no caderno e o voceiro do grupo vaina ler en voz alta ao final da clase.


CUESTINARIO PARA O GRUPO

1. Palabras de auga gañou un premio en 2012. Saberías dicir cal?
2. O  fillo primoxénito de Ngugi  chámase...?
3. Na vivenda de Jala hai só como moble....
4. Indica outro título da narrativa de Calveiro.
5. En que lingua están numerados os capítulos do libro?
6. No capítulo Moja Ngugi describe o País Lomba e mais axúdalle Amadou. Recolle literalmente a descrición.
7. Como se describe a Ngugi neste capítulo?
8. Cando deixa  o pai de contarlle a Amadou a historia do chui?
9. Como se chama o xamán da tribo? E a tribo?
10. Que pasa se cae a lanza que chanta o xamán na terra?

Deporte a esgalla!

No Tema 2 hai deporte a esgalla, a embute, a darlle cun pau, deporte a varrer... Pois estudemos o léxico relacionado co mundo dos deportes. Vós, as rapazas e os rapaces de 1º de ESO, collede impulso!
Montaje creado Bloggif


  LÉXICO NOS DEPORTES



Para ler na aula: clica aquí.



Para escribir na aula: sube un comentario, con corrección ortográfica, dous parágrafos e identificación, nesta entrada : "O meu deporte favorito é..."

domingo, 16 de novembro de 2014

mércores, 12 de novembro de 2014

Traballos destacados.

Estamos facendo esquemas e mapas mentais con Bubbl.us, subindo comentarios en Blogger, facendo Collages sobre o Tema 2 e hai moi bos traballos. Algúns destacan  especialmente. Todos se terán en conta e os mellores que se rematen no prazo, iranse poñendo no diario de aula:  Somos  ecolóxicos.

O traballo da descrición do apartamento que presentou Lucas Gómez merece ser posto aquí polo xeito de presentalo e polo contido. Unha redacción traballada e feita con responsabilidade. É unha satisfación ler os traballos ben feitos. Grazas, Lucas por compartir o teu traballo.



Moi bo esquema de Lucas Gómez, 1º A. Parabéns

Interesante traballo de Carlos Rodríguez, 1º B sobre Marcos Calveiro:

E aquí están os traballos sobre a descrición:


Tipos de texto: o prospecto.


Un prospecto é un papel que contén as indicacións necesarias sobre un medicamento ou produto.Non deixa de ser un texto de instrucións. Vexamos as características neste texto.

Exercicios sobre o substantivo.

Aviso a navegantes: metodoloxía de traballo.

xoves, 6 de novembro de 2014

A voltas coa acentuación. Lectura na aula.

Uns xoguiños para traballar o léxico. Vai de larpeiradas!

Facemos crebacabezas con Marcos Calveiro.Arrinca a lectura do libro da 1ª avaliación.

Un crebacabezas ou quebracabezas é un xogo que consiste en combinar un certo número de pezas ata formar unha figura. 
Non esquezades a tarefa que tedes pendente:aquí.
preview9 pieceMarcos Calveiro preview24 pieceO pintor do sombreiro de malvas preview24 pieceCentauros do Norte

Videotitorial de Bubbl.us para mapas mentais e esquemas.