martes, 18 de novembro de 2014

Lendo Palabras de auga, I

Montaje creado Bloggif

Lectura do libro na aula

Sentados en equipos de catro, lede e comentade en equipo o seguinte cuestionario a Calveiro ( preme na ligazón): 



Como facedes?
Un alumno le a pregunta.
Un segundo alumno le a resposta que dá Marcos.
O terceiro alumno busca palabras que non se entenden  no dicionario. 
O cuarto alumno anota esas palabras buscadas. É imprescindible anotalas segundo se marca no dicionario.

Debate no grupo

Opinades sobre como é Marcos segundo o cuestionario. que vos parece., se vos axuda a coñecelo... É irónico? É contraditorio?

Escrita
Escribides a vosa reflexión no caderno e o voceiro do grupo vaina ler en voz alta ao final da clase.


CUESTINARIO PARA O GRUPO

1. Palabras de auga gañou un premio en 2012. Saberías dicir cal?
2. O  fillo primoxénito de Ngugi  chámase...?
3. Na vivenda de Jala hai só como moble....
4. Indica outro título da narrativa de Calveiro.
5. En que lingua están numerados os capítulos do libro?
6. No capítulo Moja Ngugi describe o País Lomba e mais axúdalle Amadou. Recolle literalmente a descrición.
7. Como se describe a Ngugi neste capítulo?
8. Cando deixa  o pai de contarlle a Amadou a historia do chui?
9. Como se chama o xamán da tribo? E a tribo?
10. Que pasa se cae a lanza que chanta o xamán na terra?

1 comentario:

  1. David, Dario, Lucas, Alazne 1ºA
    Marcos Calveiro é irónico e moi interesante. Parece que o toma todo a coña, porque a todo o mundo lle leva a contraria. Apreza a mentira, habitualmente está de mal humor e gustarialle ser un iluso.

    ResponderEliminar