Esta é unha selección dos relatos que escribimos para celebrar a festa de Santos e Defuntos, Samaín ou Halloween; tanto ten, o que conta é lanzarse á escrita e ser creativos. Penso que o conseguiron de sobra polo que me sinto moi orgullosa destes campións. A utilización dun documento compartido en Google Drive era algo novo para todos, así que non todo o mundo chegou a subilo como se pedía, pero entregouno noutro formato e tamén é válido.
Penso que como lección se pode tirar que acudir aos clásicos como Castelao e a este relato Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, sempre é un acerto. Seguen sendo un modelo para todos. E senón vede aquí: para agrandar o texto clica na publicación.