INTRODUCIÓN
Durante o primeiro trimestre en 3º da ESO achegámonoss á Lírica Trobadoresca galaico-portuguesa. Aprendemos a distinguir os xéneros e subxéneros do impresionante corpus lingüístico, literario, artístico que supoñen os denominados Cancioneiros.
Na 1ª avaliación, sen a nova Programación rematada, acordamos entre todos uns criterios de cualificación que serían os seguintes:
40% Probas
40% Traballos
20% Actitude e traballo
Os dous traballos propostos serían feitos en equipo. Para o primeiro traballo creáronse grupos de 4 alumnos repartidos pola profesora e para o segundo traballo os grupos foron formados polo alumnado.
OBXECTIVOS
- Consolidar hábitos de traballo individual e en equipo para unha aprendizaxe eficaz.
- Desenvolver destrezas básicas na utilización de fontes de información e adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías da información e comunicación.
- Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, en lingua galega, mensaxes complexas.
- Coñecer e valorar o patrimonio lingüístico, artístico, histórico de Galicia, participar na súa conservación e respectar a diversidad lingüística como dereito dos pobos e das persoas.
- Coñecer e valorar o uso da lingua galega como elemento da identidade de Galicia e como medio de aproximación á comunidade lusófona.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
- Identifica e explica distintas épocas da literatura galega desde as orixes.
- Le autónomamente textos representativos da literatura, resume o seu contido, sinala os seus trazos característicos e relaciónaos co contexto histórico.
- Elabora traballos individual e/ou colectivamente, consulta fontes de información básica , emprega diferentes recursos básicos das TIC para realizar traballos sinxelos.
- Crea ou recrea textos sinxelos de intención literaria partindo das características dos traballados na aula.
COMPETENCIAS
Competencia Lingüística.
Competencia Digital.
Competencia aprender a aprender.
Conciencia e expresións culturais.
Competencia Lingüística.
Competencia Digital.
Competencia aprender a aprender.
Conciencia e expresións culturais.
DESENVOLVEMENTO
1. En primeiro lugar estudamos o contexto histórico no que xurde a lírica e os tipos de actores/autores que interveñen nela, os Cancioneiros conservados, los distintos xéneros...
2. Exploramos unha base de datos das máis completas para seleccionar cantigas e eleximos as que comentaremos.
3. Formamos equipos de 4 alumnos que realizarán unha exposición oral apoiada cunha presentación compartida en Google Drive.
4. A presentación ha de recoller as actividades previas que se lles pide:
- un esquema sobre o contexto histórico
- un mapa mental sobre tipos de autores
- un mapa mental sobre os Cancioneiros
- o comentario dunha cantiga
- a creación dun poema con leixaprén
- a creación dun poema neotrobadoresco
4. Exposición oral ao grupo.
FERRAMENTAS TIC
Presentacións de Drive.
Bubbl.us para mapas mentais.
AVALIACIÓN
Rúbrica de avaliación da exposición oral.
Algúns exemplos de actividades e presentacións que fixemos:
Podedes ver as presentacións clicando aquí.
ALGÚNS DOS NOSOS POEMAS CREADOS:
Isabel Barcón
@Isabelmbs
Proposta para Secundaria
INTRODUCIÓN
As Competencias Básicas permítennos poñer o acento nas aprendizaxes que nos parecen imprescindibles e que ao finalizar a Educación Secundaria téñense que desenvolver para lograr a realización persoal e exercer como cidadáns activos, capaces de soster unha aprendizaxe activa ao longo de toda a vida.
Coas materias do currículo da ESO preténdese que todos os alumnos alcancen os obxectivos educativos e, consecuentemente, tamén que adquiran as CCBB. Con todo, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das materias contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias materias.
OBXECTIVOS
Os obxectivos desta tarefa integrada de Lingua e Literatura galega (3º ESO), creación dun libro de problemas de matemáticas en tres idiomas e con ilustracións, pensáronse para unha tarefa que integrase as competencias básicas e as transversais. Atendemos especialmente aos seguintes obxectivos xerais marcados no currículo oficial:
Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.
Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
ESTÁNDARES
Tomáronse de tres bloques de contidos diferentes (dos 5 que temos):
Comunicación escrita. Ler e escribir
- Relaciona a información explícita e implícita dun escrito en función do contexto.
Funcionamento da lingua
- Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
- Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras.
- Valora o plurilingüismo inclusivo, desde a lingua propia, como expresión da riqueza cultural da humanidade e móstrase capaz de explicar a súa postura.
- Coñece as linguas que forman parte da nosa familia lingüística.
- Coñece os territorios que forman parte da comunidade lusófona e a importancia desta na vida social e económica galega.
- Incorpora á súa práctica cotiá os principais recursos da rede en lingua portuguesa (buscadores, dicionarios e enciclopedias).
Educación literaria.
- Le autónomamente obras ou textos representativos da literatura galega desde a Idade Media ata 1916, resume o seu contido, sinala os seus trazos característicos definitorios e relaciónaos co contexto histórico, cultural e sociolingüístico do período da literatura galega correspondente.
QUE FACEMOS?
Partimos dun libro de matemáticas para nenos:
Nunha lingua cun grave atranco no proceso de normalización interésanos que os alumnos coñezan ferramentas e aplicacións que lles axuden a desenvolver a súa competencia lingüística, máis aló dos dicionarios. En concreto as seguintes:
- Dicionario RAG
- Dicionário Priberam da Língua Portuguesa
- Tradutor OpenTrad apertium
- OrtoGal (Corrector ortográfico en liña de galego)
- Gaio (Tradutor automático)
- Traductor de Google
Doutra banda, pretendíase introducir ao alumnado nas aprendizaxes expandidos a través de RRSS en medios multilaterales: aldea, praza, web.
Trátase de experiencias de construción colectiva de coñecemento que suceden fóra das aulas e das institucións educativas (tanto no espazo público como en comunidades dixitais) pero que son procesos cun importante compoñente de aprendizaxe e por esta razón definíronse como educación expandida. É importante facer ver aos mozos que o coñecemento pódese adquirir en todas partes e en calquera momento; tamén en espazos como as redes sociais que eles asocian exclusivamente co lecer e o xogo.
Para seleccionar a pintura cubista sobre a que recrearían un collage partimos dunha páxina de Facebook : Amantes del Arte en el exilio , en concreto do Álbum Vanguardias: El Cubismo y derivados.
Trátase de experiencias de construción colectiva de coñecemento que suceden fóra das aulas e das institucións educativas (tanto no espazo público como en comunidades dixitais) pero que son procesos cun importante compoñente de aprendizaxe e por esta razón definíronse como educación expandida. É importante facer ver aos mozos que o coñecemento pódese adquirir en todas partes e en calquera momento; tamén en espazos como as redes sociais que eles asocian exclusivamente co lecer e o xogo.
Para seleccionar a pintura cubista sobre a que recrearían un collage partimos dunha páxina de Facebook : Amantes del Arte en el exilio , en concreto do Álbum Vanguardias: El Cubismo y derivados.
Para completar o noso libro, e como obxectivo importante para a materia, propúxose a integración dun poema cubista (ou outras vangardas) para que capturasen o tema nunha imaxe. Propuxemos un poemario cubista de Álvaro Cunqueiro:
Expresar o tema dun poema vangardista é algo difícil para os alumnos máis novos, polo que tratar de captar o tema dunha pintura previamente axúdalles; hai que guialos para que repensen a impresión que lles aporta a lectura do poema e que o plasmen en forma de debuxo.
- Interpretación do tema do poema:
- Interpretación libre dun cadro:
![]() |
3º ESO B |
![]() |
Fernand Léger, La ciudad, 1919. Óleo sobre lienzo, 231.1 x 298.4 cm, Philadelphia Museum of Art, EEUU |
En canto ao feito de elixir o cubismo como vanguardia pictórica a xustificación vén dada polo propio movemento e os seus premisas, motivo sobre o que se pode atopar abundante literatura na web. Quizá se podería traer unha cita de Rafael Pérez Gómez, de la Universidad de Granada que, por clara, pódenos servir a todos:
"As matemáticas usan símbolos con significado colectivo e universal, do mesmo xeito que as obras de arte."
- Ilustración de problemas:
A TÉCNICA DO COLLAGE:
ALGÚNS TRABALLOS DOS ALUMNOS