Rosalía de Castro foi unha poeta que coa súa obra honrou a todos os humanos; con poemarios como En las orillas del Sar (1884) honra a literatura española; pero especialmente honra a toda Galicia, a todos os galegos e galegas que foron e que somos. Rosalía deunos dignidade nun momento histórico en que nos era roubada como colectivo, dignifica a nosa lingua e é motivo de orgullo como creadora e como muller. Rosalía segue sendo, hoxe, motivo de honra para todos nós. De aí o noso traballo: honramos a quen nos honrou.
Exposición de robots e taller de deseño gráfico
No noso instituto preparamos o Día de Rosalía cunha exposición de robots rosalianos que fixeron os alumnos colaboradores da biblioteca. Esta pequena exposición serviunos para facer un breve recital de poemas da poeta e unha exposicións de libros. Tamén aproveitamos nalgún curso para facer un taller de infografías que nos permitiran dar a coñecer este día nas Redes Sociais.
Este pequeno acto serviunos para dar a coñecer a toda a comunidade o "produto estrela", a nova impresora 3D que montaron os profesores do Departamento de Tecnoloxía que sacaron para a ocasión un Follas Novas do trinque:
![]() |
Deseño das follas de Spencer Chao[Tinkercad ] |
![]() |
A roboteka de Rosalía |
RECITAMOS
ALGUNHAS INFOGRAFÍAS:
VIDEOTITORIAL DE CANVA
ALGÚNS TRABALLOS
TABOLEIRO CON IMAXES DE ROSALÍA DE CASTRO E CON CARTEIS QUE UTILIZAMOS NO TWITTER
O DÍA DE ROSALÍA: UNHA BOA OCASIÓN PARA INTERACTUARMOS NAS REDES SOCIAIS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario