sábado, 20 de decembro de 2014

Coas receitas á cociña!

Mrs Beeton's Book of Household Management

 Actividade

Na 1ª avaliación en 1º de ESO estudamos o texto de instrucións e as súas características. Decidimos escribir unha receita de cociña e gravar un vídeo seguindo as pautas que estudamos.


 Obxectivos

  • Redactar un texto de instrucións con orde e claridade.
  • Utilizar secuencias numeradas ou ben adverbios e/ou locucións adverbiais.
  • Utilizar o infinitivo ou o imperativo.
  • Ampliar o léxico da cociña
  • Utilizar a lingua galega en distintos ámbitos.
  • Mellorar no traballo en grupo.

Contidos



Desenvolvemento


Os alumnos traballan en grupos de 4. Fan un esquema sobre os textos de instrucións.

Despois, por parellas,  elixen unha receita que saben cociñar. Fan un borrador na aula, indicando os ingredientes e o proceso de elaboración. Unha vez revisado, pasan o texto a un libro de receitas da aula.



Nas súas casas cociñarán a receita e coa axuda dos pais, irmáns,... gravarán o vídeo que se subirá a unha conta de YouTube.

TIC

Móbil ou cámara de fotos.
YouTube.

Algúns vídeos:


mércores, 10 de decembro de 2014

Frases Feitas. Ampliando o léxico.

Imos ver uns exemplos de presentacións para traballar a fraseoloxía do galego. Son traballos feitos polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Nós non imos  mellorar á Universidade, pero podemos ser creativos, moi creativos. Así que a proposta é para vós.
Primeiro botádelle unha ollada ás presentacións aquí.


Proposta de frases para traballar: seleccionade as que vexades nos seguintes enlaces:

- Refráns galegos (pdf).Aparecen moitos despois da introdución e por orde alfabética.