mércores, 19 de novembro de 2014

Novembro, mes da ciencia en galego.Comentamos curtas científicas.

ROMPENDO AS REGRAS:  BREAKING THE RULES

O vídeo Breaking the Rules, integrado no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaba de recibir o seu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou a curtametraxe co Premio do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules). Con este  proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.



O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título  e a idea principal do seguinte vídeo:


O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.

MODELO A SEGUIR:

  1. Revisamos a teoría no libro de texto.
  2. Vemos o vídeo proposto para exemplo e lemos o comentario.
  3. Facemos un borrador individualmente.
  4. Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.

EXEMPLO:




Tema:
 A estratexia de adaptación das algas "noctiluca scintillans".

Idea principal:
A idea principal do vídeo é explicar a vantaxe que ten para as algas  noctiluca a produción de bioluminiscencia; con ela combaten aos seus predadores que se volven máis fráxiles ao adquiriren bioluminiscencia. 

Título: 

"Se me comes, hache pesar!"


9 comentarios:

  1. Título: Os problemas do planeta Terra.
    Tema: Pola culpa da contaminación prodúcense enfermidades e alerxias.
    A idea principal: A idea principal deste vídeo é a contaminación. Como se vai desenvolvendo a contaminación e afecta ao medio ambiente. Por culpa deso hai moita xente que ten alerxia.
    Paula Gueimunde Fernández 1º de E.S.O a

    ResponderEliminar
  2. TEMA: as alerxias e enfermidades a través de moitas complicacións da Terra e as consecuencias que se trae.
    A IDEA PRINCIPAL: a idea principal do vídeo é, como pouco a pouco, se as persoas facemos cousas que prexudican ao medio ambiente, tamén se prexudica a Terra e pode desaparecer.
    Explica tamén todos os gases que hai e de como a través das erupcións dos volcáns, aparecen alerxias e de todo iso; do quentamento global, da subida do nivel do mar por mor do quentamento e do desxeo dos casquetes polares.
    TÍTULO:
    O planeta Terra derrétese!
    Iria Basanta e Paula Gueimundo 1º A

    ResponderEliminar
  3. Comentario do vídeo . Curso:1º Grupo:A

    Emma Díaz Canoura Nº:5
    Yaiza Sousa Huertas Nº 20

    Tema:
    As principais causas e consecuencias da contaminación.

    Idea principal :
    A idea principal do vídeo é explicar o porqué da contaminación, é dicir,a súa orixe,as cousas que fan que cada día o planeta estea máis contaminado.

    Título:
    "Se contaminas ,algún día ,hache pesar."

    ResponderEliminar
  4. Manu Fernández Peláez 1º A
    Lucas Gómez Pereira 1º A

    Tema:
    A contaminación no mundo(efecto invernadoiro).

    Idea principal:
    A idea principal do texto é explicar o que pode facer o efecto invernadoiro. Desde subir o nivel do mar ata que aumente demasiado a temperatura. E aínda por encima todos estes problemas causámolos nós; producindo CO2 cos nosos vehículos,coas chemineas das fábricas...
    Que sepades que China é a cidade máis contaminada.

    Título: Ti es o que contamina.

    ResponderEliminar
  5. Carlos Rodríguez Camba 1ºB Nº 20
    Iván Miguel Silva Fraga 1º B Nº 21

    TEMA
    A alteración da atmosfera e as súas consecuencias.

    IDEA PRINCIPAL
    Explica as causas das alteracións da atmosfera, citando logo os principais problemas da contaminación provocada polo ser humano, e explicando o efecto invernadoiro e as súas consecuencias.

    TÍTULO
    Se contaminamos, ímolo pagar!

    ResponderEliminar
  6. Título:
    `` Alga sacrificada , depredador castigado´´
    Tema:
    A idea principal do vídeo é pensar coma unha alga , a súa intelixencia é de sacrificarse facéndose luminescente e o seu depredador. Cando o depredador faise luminescente e outro depredadores cómeno .

    Daniel Calvo García e Jesús Fernández LouzaoTítulo:
    `` Alga sacrificada , depredador castigado´´
    Tema:
    A idea principal do vídeo é pensar coma unha alga , a súa intelixencia é de sacrificarse facéndose luminescente e o seu depredador. Cando o depredador faise luminescente e outro depredadores cómeno .

    Daniel Calvo García e Jesús Fernández Louzao

    ResponderEliminar
  7. Tema: A contaminación e o efecto invernadoiro.
    Idea principal: O efecto invernadoiro causámolo nós e o CO2. Podemos facer algo pero somos moi torpes e non pensamos, aínda que os prexudicar somos nós.
    Titulo: A ignorancia é prexudicial.

    NOEMÍ GARCÍA e ÁNGELA ÍNSUA, 1º B

    ResponderEliminar
  8. Lucía Pernas González 1ºB
    Thalía Manzano Rolle 1ºB

    Titulo:Como estamos enchendo o mundo coa contaminación

    Tema:''As secuelas da contaminación da atomosfera''

    A idea principal: A idea principal do video é, explicar todos os problemas que se foman coa contaminación, ou máis ben dito o que nós formamos. Tamén nos explica varios problemas como por exemplo o efecto invernadoiro, o buraco na capa de ozono e a contaminacion da capa da atmosfera...
    E por último explicanos que temos que coidar o noso planeta pola grande razón de que os nosos descendentes se nos seguimos así eles sufrirán unha grande catastrofe.

    ResponderEliminar
  9. Elena Ríos Rodríguez 1º B
    Ylenia Magalhaes Cal 1ºB

    TEMA: “A Ecoloxía do Planeta Azul”
    IDEA PRINCIPAL: A idea principal de este vídeo é propoñer acabar coa contaminación do noso planeta, para iso temos que intentar reciclar, diminuir a contaminación e ser máis ecolóxicos; para reducir a contaminación e reducir o efecto invernadoiro e gases como o feluxe. Outros métodos son diminuir o gasto da calefacción e do aire acondicionado e tamén o uso da auga e da luz.
    TÍTULO: “Sexamos Ecolóxicos”

    ResponderEliminar