xoves, 29 de setembro de 2016

Traballos para días sen profa.

Pergamiño Vindel

Ola, rapaces! Canto me tarda vervos! Perdoade o abandono destes días. Espero poder compensalo.
Imaxino que co tempo libre que tivestes esta semana as tarefas do texto expositivo sexan de 10. Heinas revisar nos vosos cadernos cando volos pida.
NOVA TAREFA
Velaquí van as tarefas para esta semana:
1. Lectura e subliñado do tema  da Lírica medieval galego - portuguesa (No tema 2 e 3 do libro de texto) Como non teño libro aquí e traballo co móbil, que non me obedece ben, direivos o que quero que sinteticedes. Podedes utilizar o libro de texto, páxinas de Internet,...

PARA DOCUMENTARSE:

a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto?

b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.

PASOS

1. Borrador no caderno das vosas pesquisas.

Poñedes a data para ver o día que traballastes e canto. Non podedes esquecer a corrección ortográfica.

2. Pasamos a limpo o borrador ordenándoo en parágrafos cunha certa xerarquía e claridade.

3. Esquema (coas pautas xa vistas na aula)  do aprendido.

4. O esquema subídelo a esta entrada de blog identificándovos adecuadamente: nome e curso. Os apelidos non son necesarios, salvo confusións.
A avaliación do traballo entrará dentro desa porcentaxe do 20 % de traballos, actitude e demais...

Para visionar: 
O Pergamiño Vindel: preme no enlace:  https://youtu.be/FeWdmmBRcwQ

Traballo subenota

Escrita: Redacta un breve texto sobre a importancia do PV. Mándao nun procesador de textos, como arquivo adxunto a sabelaals@gmail.com.



27 comentarios:


  1. TAREFAS


    a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto?

    Débese a que a lírica de tipo autóctono era para que cantara o pobo nas festas, celebracións... Ademáis de non ter autor e ser moito máis simple ca lírica culta, só se transmitía oralmente.

    En cambia a lírica culta era moito máis complexa e cun autor culto e coñecido. Esta sempre se podía encontrar escrita.




    b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa?

    Porque son os dous tipos principais da lírica medieval, que foron escritos na lingua galego-portuguesa dende o século XII ata o século XIV.


    Que pintan nisto os Cancioneiros?

    Que os cancioneiros eran as obras que recollían as composicións poéticas da lírica medieval.


    En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

    No momento histórico dunha excelente cultura literaria e artística, que logrou unha dimensión xigantesca.




    c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.

    -Tema: sufrimento dun home ao non poder conseguir o amor da súa senhor, en ocasión tamén trata os síntomas do amor e da loanza da dama.


    -Subxéneros:

    ·Cantigas de refrán(estrofas nas que se repite o último verso ó   longo do poema. Teñen características da lírica galego-portuguesa)

    ·Cantigas de mestría(poemas de sete versos, máis complexas e    
      imitadoras das provenzais)


    -Recursos:


    ·Dobre: repetición dunha palabraou grupo de palabras en lugaras     simétricos na mesma estrofa.

    ·Mordobre: repetición de palabras do mismo léxico en lugares         simétricos da estrofa.

    ·Atá-finda: a frase iniciada no último verso dunha estrofa             complétase na posterior.

    ·Finda: estrofa máis curta situada ó final da cantiga que serve de     resumo.





    Manuel Fernández Peláez 3º ESO B

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo traballo! A primeira cuestión esixe dar explicacións da lírica de orixe autóctona (representada polas Cantigas de Amigo) e a lírica debedora da cançó occitana (Amor cortés)

      Eliminar
  2. a)Trátase a que a lirica autoctona estaba feita para que o poboa cantara nas festas.Non tiñan autor,transmitianse oralmente.
    A lirica culta era mais complexa e tiña autor culto, sempre se encontraba a escrita

    b)Falamos da lirica profana e relixiosa porque pertecen a literatura galego/portuguesa en diferentes zonas da península Íberica entre os seculos XII eXV

    O tema dos cancioneiros ,ten que ver porque dependendo da época en que a musica foi composta ,podenser cancioneiros medievais,renacentistas e contemporáneos

    A lirica trobadoresca nace entre os seculos XII e XIV

    C)Os temas principais son o amor non corresponndidoe a coita amorosa
    Os subxeneros son a loanza da dama e os sintomas do amor
    Os recursos formais son os seguintes:Dobre,Mordobre,Atá-finda e finda


    Juan Pedre Solloso

    ResponderEliminar

  3. a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto? Isto débese as diferentes clases sociais da Idade Media, unhas clases eran máis cultas ca outras.

    b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca? A lírica profana son as cantigas que lle canta un cabaleiro a súa "senhor". E a lírica relixiosa son as cantigas que lle canta un home a Virxe María.
    Os cancioneiros eran manuscritos escritos por copistas. Estes cancioneiros conteñen cantigas. A lírica trobadoresca nace na Galicia dos séculos XII e XIII, unha Galicia feudal, nunha etapa de gran desenvolvemento no comercio, na agricultura, no asentamento da población...

    c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.
    A Cantiga de amor trata dun amor non correspondido, o sufrimento que sinte o trobador ao non poder conseguir o amor da "senhor".
    Subxéneros da Cantiga de amor: Dependendo da súa estructura podese falar de :
    Cantigas de refrán : repetición do último verso da estrofa. Con características da lírica popular galega.
    Cantigas de mestría: compostas por poemas de sete versos , imitadoras das cantigas provenzais.
    Recursos:
    Dobre: repetición dunha mesma palabra ou grupo delas .
    Mordobre: repeticion de palabras dunha mesma familia léxica.
    Atá-finda: a frase iniciada no último verso dunha estrofa complétase na seguinte.
    Funda: estrofa máis breve situada al final da cantiga que serve de resumo.

    ResponderEliminar
  4. Yolanda García Pena 3ºB
    a)Na miña opinión isto débese á gran diferenza entre clases sociais: a mínima educación das clases baixas facia qie a súa linguaxe menos culta comparada coa da nobleza. Ademáis, xeralmente a culta atopábase nos libros.

    b)Cando se fala de lírica profana, estase a decir que non é sagrada nin ten nada que ver coa relixión. En cambio cando falamos de lírica relixiosa trátase de todo o contrario.
    Os cancioneiros eraneran textos nos que se recollian cancións populares escritas en follas compiladas e escritas á man por copistas.
    A lírica trobadoresca nace nunha época de gran desenvolvemento, todas as melloras producidas fan que aparezan máis festas populares, e por conseguinte, a lírica trobadoresca que eran cancións cantadas nesas celebracións.

    c)A CANTIGA DE AMOR:
    Temas: salvo algunas excepcións, estamos ante un amor non correspondido, de aí o tema central, a coita amorosa.
    Subxéneros: loanza da dama e os síntomas do amor.
    Recursos: dobre, mordobre, atá-finda e finda.

    ResponderEliminar
  5. Comentario de : "Traballos para días sen profa"

    A)
    A forma das cantigas galego-portuguesas é o resultado dunha síntesis entre la tradición provenzal e a autóctona ; o resultado é unha producción máis homoxénea que
    aquela ,ainda que con pequenas distorsións como a imposibilidad dun isosilabismo
    constante debido ao peso da tradición oral.

    B)
    -Lírica profana:
    -Temática amorosa : cantigas de amigo e cantigas de amor.
    -Temática satírica ou burlesca : cantigas de escarnio e maldicir.
    -Xéneros menores : pranto , tenzón e pastorela.

    -Lírica relixiosa:
    -Cantigas de Santa María : dirixidas á Virxe e escrita por Afonso X o Sabio

    Os cacioneiros eran as coleccións de manuscritos , conservanse tres :
    -Cancioneiro da Ajuda.
    -Cancioneiro da Bibloteca Nacional.
    -Cancioneiro de Vaticana.

    O seu xurdimento ocorre no século XII.

    C)
    Tema: Salvo algunhas excepcións , estamos perante un amor non correspondido , de aí
    que é o tema central é a coita amorosa , o sufrimiento ao non poder conseguir o amor da senhor , , que as veces leva otrobador á morte por amor . Como subtemas tamén se encontran a loanza da dama
    e os síntomas do amor ( perda da razón , do apetito e do sono ).

    Subxéneros :
    Cantigas de refrán : Compostas por estrofas nas que se repite o último verso ao longo do poema . Teñen características da lírica popular galega , como as cantigas de amor ( paralelismo e refrán ).

    Cantigas de mestría : compostas por poemas de sete versos , máis complexas e formalmente imitadoras das cantigas provenzais. Denomínanse así porque se consideraban máis perfectas e cumpría << mestría >> para materializalas.

    Recursos:
    As cantigas de amor contan cunha serie de recursos propios , alén dos de carácter
    repetitivo , comúns co resto dos xéneros líricos medievais . Son os seguintes :

    -Dobre : É a repetición dunha mesma palabra ou grupo delas en lugares simétricos
    na mesma estrofa.
    -Mordobre : É a repetición de palabras dunha mesma familia léxica en lugares
    simétricos dunha mesma estrofa.
    -Atá - finda : É o encabalgamente de estrofas até chegar á finda . A frase iniciada
    no último verso dunha estrofa complétase na seguinte.
    -Finda : É unha estrofa máis breve situada ao final da cantiga que serve de resumo
    ou conclusión.

    Christian Rey Fernández , 3ºB

    ResponderEliminar
  6. Cantigas

    Lucas Gómez Pereira

    A autóctona era feita polo pobo, que se transmitía oralmente.

    A culta era feita por xente máis versada en letras e normalmente estaba escrita.

    Principais características:

    A Popular

    De tipo oral, feita por autores descoñecidos, breve e sencilla, estaban en verso, normalmente eran romances,nacidas no século X.
    Temas principais:

    -Amor

    -Traballo

    -Burlesco

    -Patriótico

    -Pícaro

    -Humorístico

    -Relixioso


    A Culta

    De tipo escrito, autor coñecido, refinadas, en verso, normalmente sonetos, en forma de canción.

    Temas principais:

    -Amor profano

    -Amor cortés

    -Relixioso

    -Moral

    -Político


    A lírica profana e relixiosa

    Diferenzas principais:

    Profana: nela cántanse a una muller pero como se fora una muller perfecta (a senhor). Nalgunhas incluso digamos atacan ou critican a igrexa.

    Relixiosa: nela (en comparación co tema da anterior) cantaríase alabando a una muller igual que na profana, pero neste caso loando a Virxe María. Tamén se canta de milagros que sucederon pola súa intervención (como convertir a auga en viño, xa que convenceu a Xesús).

    Nos cancioneiros reuníanse cantigas, normalmente habían de varios tipos (ou de todos eles) de cantigas en cada un (profanas, relixiosas…)

    Os trobadores eran maioritariamente da nobleza con cancións amorosas sobre todo, pero tamén de política e historia. Naceu en occitania e foise estendendo por Europa.

    A cantiga de amor

    Tema: normalmente trata de amor non correspondido e o tema central soe ser o intento de conquistar o amor da senhor.

    Subxéneros: loanza da dama e síntomas de amor (perda da razón, do sono…)

    Recursos:

    Dobre: repetición dunha palabra ou varias en lugares da mesma estrofa.

    Mordobre: repetición de palabras dunha familia léxica en lugares simétricos dunha estrofa.

    Atá-finda: una frase iniciada nunha estrofa termínase noutra.

    Finda: estrofa ao final da cantiga que serve de resumo/conclusión.

    ResponderEliminar
  7. Yraya 3ºC

    PREGUNTAS:
    a) A que os campesiños falaban de forma vulgar xa que eran analfabetos e só os que estudaban é decir os da nobreza falaban de forma culta

    b) A lírica profana é toda canción que se compuso para cantala, tocala e interpretada en todos os ámbitos que non fosen nen relixiosos ou litúrxicos mentres que a lírica relixiosa é auela que se interpreta nos ámbitos relixiosos
    Os cancioneiros eran unha seria de follas copiladas escritas a man polos copistas.
    A lírica trobadoresca foi unha das manifestacións dos séculos XII e XIII.

    c) Unha Cantiga de Amor é unha composición literaria da Idade Media propia da poesía galego-portuguesa. Deriva da canço da literartura trobadoresca en occitano. É unha composición centrada no tema dos amor cortés; fala da pasión amorosa do cabaleiro hacia a súa senhor.

    ESQUEMA:
    "As cantigas de amigo e de amor"

    1.Era unha sociedade feudal. Durante os séculos XII e XIII houbo unha serie de melloras:
    1.1 Na agricultura: hai máis campos e productos para cultivar.
    1.2 No comercio: artesanado e comercio a longa distancia.
    1.3 A cidade e vila como núcleo vertebrador do territorio, e a parroquia como marco de referencia básico para identificar persoas e posesións.
    1.4 No crecemento da poboación urbana e rural
    1.5 Na consolidación de Compostela como cidade máis importante de Galicia.
    1.6 No ámbito político.

    2.En Galicia existía unha tradición de literaria popular relacionada coas colleitas, a chegada da primaveraetc.,que mesturada coa lírica provenzal, deu lugar ao nacemento da lírica galego-portuguesa.

    3. Os cancioneiros son follas copiladas escritas a man por copistas.
    3.1 Cancioneiro de Ajuda
    3.2 Cancioneiro da Biblioteca Nacional
    3.3 Cancioneiro da Vatica

    4. As cantigas de amor son composicións en que un cabaleiro expresa o seu amor a súa senhor.

    ResponderEliminar
  8. LIRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA s.XII-XIV
    Contexto social: Feudalismo,paz e excedentes económicos
    Aparecen os Cancioneiros,cantigas escritas, para entreter á nobleza. Os máis iimportantes son o Cancioneiro da Ajuda, o da Biblioteca Nacional e o da Vaticana.
    A lírica culta procede da popular oral.
    A lírica relixiosa ten obxetivo relixioso e propagandístico, son as Cantigas de Santa María.
    Os tipos de lírica profana segundo o tema son: Cantigas de amigo e de amor con tema amoroso e cantigas de escarnio e maldicir con tema satírico.
    As cantigas de amigo chaman amigo ó amado e usan técnicas repetitivas con ritmo.
    As cantigas de escarnio e maldicir son poemas críticos da sociedade.
    As cantigas de amor tratan o amor cortés dun cabaleiro a unha "senhor" que é a amada.Usa recursos repetitivos: dobre,mordobre,atá-finda e finda. Os tipos son: Cantigas de refrán que repiten o último verso e cantigas de mestría de sete versos máis complexas.

    Jesús Hermida 3ºB

    ResponderEliminar

  9. A ORTOGRAFÍA
    Lucía Pernas 3ºB
    A) A diferenza das clases sociais
    B) Porque a lírica profana trata temas cotidianos,de amor… e a lírica relixiosa fala únicamente de temas relixiosos. Son libros de poemas, uns tratan temas profanas e outros temas relixiosos. No sur de Francia, na rexión da Provenza no século XI nace a lírica trovadoresca
    C) CANTIGA DE AMOR:
    -TEMA: casi todas as composicions tratan o tema da coita (tristeza) do poeta, causada por el desdén ou o rechazo (sanha) de su dama
    -SUBXÉNEROS: líricos
    -RECURSOS: número variable de estrofas
    Poden ser de refrán (autóctonas) ou mestría (de orixe
    Provenzal)


    SIGNIFICADO DE PERGAMINO:
    Material empregado para escribir, encadernar libros, fabricar tambores e pandeiretas, etc., que se fabrica a partir de pel de reses limpa, seca, adobada e estirada.

    ResponderEliminar


  10. A ORTOGRAFÍA
    Lucía Pernas 3ºB
    A) A diferenza das clases sociais
    B) Porque a lírica profana trata temas cotidianos,de amor… e a lírica relixiosa fala únicamente de temas relixiosos. Son libros de poemas, uns tratan temas profanas e outros temas relixiosos. No sur de Francia, na rexión da Provenza no século XI nace a lírica trovadoresca
    C) CANTIGA DE AMOR:
    -TEMA: casi todas as composicions tratan o tema da coita (tristeza) do poeta, causada por el desdén ou o rechazo (sanha) de su dama
    -SUBXÉNEROS: líricos
    -RECURSOS: número variable de estrofas
    Poden ser de refrán (autóctonas) ou mestría (de orixe
    Provenzal)


    • SIGNIFICADO DE PERGAMINO:
    Material empregado para escribir, encadernar libros, fabricar tambores e pandeiretas, etc., que se fabrica a partir de pel de reses limpa, seca, adobada e estirada.
    PERGAMINO DE VINDEL: é un pergamiño copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén sete cantigas de amigo do trobador galego Martín Códax. Posúe características similares ao Cancionero de Ajuda.


    ResponderEliminar
  11. Iago López 3°B
    a)Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe iso?
    Débese que a lírica de tipo autóctono era para que cantara o pobo nas celebracións,ou nas festas...Ademais de non ter autor e ser maís sinxela ca lírica culta,so se solía transmitirse oralmente
    En cambio a lírica culta tiña autor e era moito maís complexa e moi conocida.E esta podía se encontrar case sempre escrita.
    b)Porque falámos de lírica profana e lírica relixiosa?Que pinta nisto os Cancioneros?En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?
    Porque a lírica profana trata dos temas cotidianos e a lírica relixiosa trata de temas relixiosos.Uns poemas tratan de cousas cotidianas e outros de temas relixiosos.No seculo XI no sur de Francia,na rexión de Provenzal nace a lírica trobadoresca.
    c)A cantiga de amor:temas,subxéneros e recursos
    Temas:Todos tratan do tema da coita(tristeza)do poeta causado polo rechazo(sanha)da dama.
    Subxéneros:
    -Cantigas de refrán:(Refrán al final de cada estrofa).
    -Cantigas de maestría:(Compostas por poemas de este versos,máis complejas e formalmente imitadoras das cantigas provenzais).
    Recursos:
    •Dobre=È a repetición dunha mesma palabra ou grupo de las en lugares simétricos na mesma estrofa.
    •Mordobre=È a repetición de palabras dunha mesma familia léxica en lugares simétricos da mesma estrofa.
    •Atá-finda=El encabalgamiento de estrofas até chegar á funda.A frase iniciada no último verso dunha estrofa complétase na seguinte.
    •Finda=È una estrofa maís breve situada al final da cantiga que serve de resumo ou conclusión.



    ResponderEliminar
  12. A)Hai unha lirica popular de tipo autoctono e outra mais culta.A que se debe insto?

    A lirica de tipo autoctono era para cantar no pobo para as festas de celebracions,era moito mas simpre ca lirica culta.A lirica culta era moito mais complexa e sempre se podia encontrar escrita.

    B)Porque falamos de lirica profana e relixiosa?.Que pintan nisto os Cancioneiros?.En que contexto historico nace a lirica traballadora?

    Porque as duas cousas teñen que ver co amor,ademas na lirica relixiosa hablase de xesus eh o amor.Os Cancioneiros eran as personas que falaban sobre o amor e a relixiosidade nos seus poemas,no seculo XIV

    C)A cantiga de amor...temas,subxeneros,recursos

    TEMAS: E un amor non correspondido,o tema central e a coita amorosa,o sufrimiento ao non poder conseguir o amor da senhor que as veces leva o trobador a morte

    SUBXENEROS: A loanza da dama e os sintomas do amor:

    Cantigas de refran: Estan compostas por estrofas nas que se repite o ultimo verso ao longo do poema,teñen carasteristicas liricas populares galegas.

    Cantigas de maestria: Estan compostas por sete versos,mais complexas e formalmente imitadoras das cantigas provenzais.

    RECURSOS: As cantigas de amor contan cunha serie de recursos propios:

    Dobre: E a repeticion dunha mesma palabra ou grupo delas en lugares simetricos na mesma estrofa.

    Mordobre: E a repeticion de palabras dunha mesma familia lexica en lugares simetricos dunha mesma estrofa.

    Ata-finda: E o encabalgamento de estrofas ate chegar a finda,e a frase iniciada polo ultimo verso.

    Finda: E unha estrofa mais breve situada ao final da cantiga que serve de resumo ou conclusion

    ResponderEliminar
  13. Aitana-3°B
    A) Porque a lírica profana: temas máis comúns coma as cantigas de amigo ou de amor ou cantigas burlescas e o pranto, tenzón e pastorela. Lírica relixiosa: máis abundante e tratada en máis sitios xa que son cantigas dirixidas á virxe.
    B) Lírica profana: Temas urbanos, lírica relixiosa: Dedicadas á virxe. Cancioneiros: Cantar as cantigas da lírica profana (amorosa, burlesca e de xéneros menores) e a da lírica relixiosa (dedicadas á virxe). Contexto histórico: Idade Media.
    C) Temas: Amor non correspondido e coita amorosa.
    Subxéneros: Loanza da dama e os síntomas do amor.
    Recursos: Dobre (Repetición dunha palabra na mesma estrofa). Mordobre (Repetición de palabras dunha mesna familia léxica). Atá-finda (Encabalgamento de estrofas até chegar á finda). Finda (Resume breve ao final da cantiga).

    ResponderEliminar
  14. Óscar Canoura 3ºB
    a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta... A que se debe isto?

    A popular era a que , os xungrares lles contaban a xente do pobo.

    É a culta e a que se adcaba a nobreza e era de orixe franco-provenzal

    b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

    Profana era aquela que cantaban os canpesiños nas celebracións da recollida das colleitas etc .
    A relixiosa era de culto a virxen e os santos ; famosas son as Cantigas de Santa María escritas polo rei Afonso X o Sabio.

    Os Cancioneiros eran os libros que recollían a diferentes cantigas ( de amor,de amigo,de escarnio ou de maldicir)

    Nace , por suposto na Idade Media en Galicia.

    c) A cantiga de amor: temas , subxéneros , recursos.

    É a cantiga que dedica un cabaleiro a súa "señor".

    Temas: o amor non correspondido ea coita amorosa.

    Subxéneros: as cantigas de refrán e as de mestría.

    Recursos: o dobre, o mardobre,a attá-finda ea finda.

    ResponderEliminar
  15. Elena Ríos Rodríguez, 3º B.
    1.
    a) Lingua autóctona: Para o pobo.
    b) Lingua culta: Para as clases altas.
    2.
    a) Lírica profana: Cantigas dun cabaleiro a súa senhor.
    b) Lírica relixiosa: Cantigas á Virxe María.
    c) Presentación dos outros dous xéneros nos cancioneiros (coleccións de manuscritos á man por copistas) .
    d) Séculos XII e XIII. Rodeada do nacemento da imprenta, a aparición dunha cultura literaria e artística e melloras en diversos eidos (agricultura, comercio, asentamento da poboación, crecemento da poboación rural e urbana, consolidación de Compostela e ámbito político).
    3.
    a) A cantiga de amor: Conquista dun cabaleiro a unha senhor.
    b) Tema: Un amor non correspondido, o sufrimento pola falta do amor da senhor.
    c) Subxéneros:
    - Cantiga de refrán: Lírica popular.
    - Cantiga de mestría: Imitadoras das cantigas provenzais.
    d) Recursos:
    - Dobre: Repetición dunha palabra na mesma estrofa.
    - Mordobre: Repetición de palabras co mesmo lexema en lugares
    simétricos dunha mesma estrofa.
    - Atá-finda: Completación da frase iniciada no último verso
    dunha estrofa na seguinte.
    - Finda: Estrofa ao final da cantiga.

    ResponderEliminar
  16. Alejandro Cánovas
    a) lirica popular era de autor anonimo, ese escribir oralmente e faciales en verso
    normalente en lengua romance y creada ao rededor do século x, empezou cas jarchas. A gran maioría delas tiñan q ver co amor, o traballo os temas humoristicos e as burlas. c)tema: amor y tristeza causado polo rexeite da amada (a sua senhor), catro estrofa de sete versos e facian uso do paralelismo

    ResponderEliminar
  17. Tania Aguiar 3ºA.
    A) Débese a que houbo unha mestura da lírica popular e a lírica provenzal para conseguir a lírica trobadoresca. Dependía das clases sociais.
    B) A lírica profana eran as cantigas de amigo (lamento amoroso dunha muller). E a lírica relixiosa eran as cantigas de Santa María. Os cancioneiros eran follas escritas onde se recollían estas cantigas, sobre todo da lírica profana. Foi nos séculos XII e XIII.
    C) Tema: un amor non correspondido, de aí que o tema central sexa a coita amorosa.
    Subxéneros: cantigas de refrán e cantigas de mestría. Estas últimas son as máis complexas.
    Recursos: dobre, mordobre, atá-finda e finda.

    ResponderEliminar
  18. C) As cantigas de amor son composicion de un cabaleiro que se dirixen a unha senhor donde lle expresa os seus sentimentos.
    Proven do xenero da lírica provenzal donde se fai unha adaptación do amor cortés occitana.
    O tema vai do amor non correspondido de aí ven o tema central a coita amorosa.

    B)Da lírica profana falase de que son poemas burlescos donde os trobadores critican a sociedade mediaval sen facer destinción da clase social ou de profesión.
    Da lírica relixiosa falase de k son cantigas co obxerivo de loar a Virxe María. Estas composicións son froito do traballo realizado baixo o mando do rei Afonso X o sabio.
    Os cancioneiron veñes a partir de que son os que mostran estas cantigas a sociedade asi facendoas coñecidas, xa que ao escoitala un cantai e pasalla a outro e asi sucesivamente.

    ResponderEliminar
  19. Lírica trovadoresca:
    María 3B
    A Lírica culta e autóctona, isto ocurre porque a Lírica autóctona é a que se orixina no mesmo lugar onde se encontra, é, a culta é aquela que se elabora nas cortes dos reis medievais.
    Lírica Profana é Relixiosa, A Lírica relixiosa é a que esta formada por 427 cantigas cuxo obxetivo é loar a Virxe María.
    Lírica Profana é unha poesía de influencia italiana que fala de temas amorosos,la naturaleza y la mitología.
    Os cancioneiros son recopilacións da lírica profana é relixiosa.
    As cantigas de amor, a cantiga de amor é un cantar no que un home namorado cantalle á súa senhor.
    O tema das cantigas de amor salvo algunas excepcións trata sobre un amor non correspondido é por eso o tema central é a coita amorosa, moitas veces polo sufrimento de non poder conseguir o amor da senhor o trovador acaba na norte.
    Subxéneros, Cantigas de refrán: Son as que están compostas por estriofas nas que o último verso repítese ao longo do poema.
    Cantigas de maestría: son as que están compostas por poemas con sete versos, mais complexas é formalmente limitadoras das cantigas provenciais.
    Recursos: Dobre: é a repetición dunha mesma palabra ou grupo delas en lugares simétricos na mesma estrofa.
    Mordobre: é a repetición de palabras dunha mesma familia léxica en lugares simétricos dunha mesma estrofa
    Atá-finda: é o encabalgamento de estrofas até chegar á finda.
    Finda: é una estrofa máis breve situada ao final da cantiga que serve de resumo ou conclusión

    ResponderEliminar
  20. Claudia 3°A
    a) Debe se a que a lírica autóctona é a que se orixina no lugar no que se encontra e a lírica culta é aquela que se elabora nas cortes dos reís medievales.

    b)A lírica profana é poesía influyente de Italia que fama de temas amorosos, da naturaleza e da mitoloxía mentres que a lírica relixiosa é a que está formada por un gran numero de cantigas cuxo obxetivo é loar a Virxen Maria.
    Os cancioneros teñen que ver nesto que son os recopilantes destas líricas, as profanas e as relixiosas.

    As cantigas de amor, a cantiga de amor é un cantar no que un home namorado cantalle a súa a sentir.

    c) Tema: trata sobre un amor non correspondido e por iso o tema central é a coita amorosa que moitas veces polo sufremento de non poder conseguir o amor da senhor o trovador acaba na morte.
    Subxéneros:
    -Cantigas de refrán: son as que están compostas por estrofas nas que o último verso repite se al longo do poema.
    -Cantigas de maestría: son as que están compostas por poemas de sete versos mais complexos e formalmente limitados das cantigas provenzais.

    Recursos:
    -Dobre: é a repetición dunha mesma palabra ou grupo de las en lugares simétricos na mesma estrofa.
    -Mordobre: é a repetición de palabras dunha mesma familia léxica en lugares simétricos dunha mesma estrofa.
    -Atá-finda: é o encabalgamiento de estrofas até chegar á finda.
    -Finda: é una estrofa mais breve situada al final da cantiga que serve de resumo ou conclusión.

    ResponderEliminar
  21. Carla González 3B
    Pregunta número 1:
    A lírica culta é a que se orixina nas cortes dos reis medievais e a autóctona é aquela que ven do mesmo lugar no que se atopa.
    Pregunta número 2:
    A lírica relixiosa é aquela que ten 427 cantigas cun obxectivo de rezar á Virxe María.
    A lírica profana é na que conten cantigas que tratan sobre o amor,a natureza e a mitoloxía.
    Os cancioniros son as recopilacións destas dúas líricas.
    Pregunta número 3:
    As cantigas de amor son aquelas que lles canta un home namorado a unha muller chamada (a súa senhor).
    Subxéneros:
    -Cantigas de maestría:son as que teñen poemas compostos por 7 versos.
    -Cantigas de refrán:son as que están compostos por estrofas e repítese o último verso.
    Temas:
    Trata sobre un amor non correspondido,e polo final do sufrimento vivido,termina na morte.
    Recursos:
    -Finda:estrofa breve que normalmente póñese ao final do poema que é unha conclusión ou resumen.
    -Atá-finda:acabalgamento de estrofas ata ata chegar á Finda.
    -Mordobre:repetición de palabras nunha mesma estrofa e da mesma familia léxica.
    -Dobre:é a repetición da mesma palabra nunha mesma estrofa.

    ResponderEliminar
  22. Iria Basanta 3ºA

    a) A lírica autóctona era lírica que se facía para o propio pobo e era unha lírica sinxela e maioritariemente transmitíase de forma oral.
    A lírica culta era a lírica que se facía para as clases altas. Coñecíanse polo autor e tamén eran moito máis refinadas.

    b) Lírica relixiosa polas cantigas de Santa María e a lírica profana, polo contrario, sempre era cantada fóra dos contextos relixiosos e litúrxicos. Tamén se pode chamar lírica Provenzal, que nace no século XII e XIII na zona da Provenza (sur de Francia).

    c)
    -TEMAS:
    A cantiga de amor trata dun amor non correspondido, de aí o tema central que sea a coita amorosa.
    O amor do cabaleiro á súa senhor pode ser o tema máis principal.

    -SUBTEMAS:
    As cantigas de refrán e as cantigas de mestría.

    -RECURSOS:
    1.-Dobre: repetición dunha mesma palabra ou máis dunha en lugares simétricos da mesma estrofa.
    2.-Mordobre: repetición de palabras dunha mesma familia léxica en lugares simétricos da mesma estrofa.
    3.-Até-finda: encabalgamento de estrofas até chegar á finda. A frase iniciada munha estrofa complétase coa seguinte.
    4.-Finda: estrofa máis breve situado ao final da cantiga que serve de resumo ou conclusión.

    ResponderEliminar
  23. David Arias Rodríguez 3ºA
    a)Débese a que a autóctona era a que se forma no pobo e a que se falaba, e a culta era
    a que estaba escrita por persoas especializadas nas letras.

    b)A lírica profana trata sobre temas amorosos e crítica sociedade.
    A lírica relixiosa vai dirixida á Virxen.
    Os cancioneiros recollen neles todos estes temas.
    Alírica trovadoresca nace no auxe deGalicia (S.XII eXIII), que grazas ás melloras
    aparecen mais festas populares.
    c) ``A CANTIGA DE AMOR´´
    Temas: Amor non correspondido ou sufrimento amoroso por non poder estar coa
    súa senhor.
    Subxéneros: Cantigas de refrán (Estrofas con repetición do último verso ao longo do
    poema)
    Cantigas de maestría (Sete versos no poema con imitación das cantigas
    provenzais)
    Recursos: Dobre (Repetición dunha palabra en lugares simétricos)
    Mordobre (Repetición de palabras en lugares simétricos dunha mesma
    estrofa)
    Atá-finda (Iniciación da frase no último verso dunha estrofa para a súa
    completación na seguinte)
    Finda (Estrofa breve ao final da cantiga co opbxetivo de resumo)

    ResponderEliminar
  24. Jorge 3A
    a) A lingua que se fala no pobo é a autónoma e era a que se falaba. A que se escribía por persoas especializadas as letras era a culta.
    b) A lírica profana é sobre temas amorosos e critica á sociedade. A que vai dirixida á Virxe María é a lírica relixiosa.
    Os cancioneiros poñen neles estos temas.
    A lírica trobadoresca naceu en Galicia nos séculos XII e XIII e grazas as súas melloras creáronse máis festas populares en Galicia.
    c) As cantigas de amor eran as que lle cantaba un home namorado a unha senhor.
    Temas:
    - Sufrimento ou amor non correspondido por non ter a súa senhor
    Subxéneros:
    - Cantigas de refrán
    Repetición do último verso
    - Cantigas de maestría
    Sete versos
    Recursos:
    - Dobre
    Repetición dunha palabra
    - Mordobre
    Repetición de palabras en lugares simétricos
    - Atá-finda
    Iniciación da frase no último verso
    - Findo
    Estrofa breve ao final

    ResponderEliminar
  25. Ivana 3°B a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto? Isto débese as diferentes clases sociais da Idade Media, unhas clases eran máis cultas ca outras.

    b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca? A lírica profana son as cantigas que lle canta un cabaleiro a súa "senhor". E a lírica relixiosa son as cantigas que lle canta un home a Virxe María.
    Os cancioneiros eran manuscritos escritos por copistas. Estes cancioneiros conteñen cantigas. A lírica trobadoresca nace na Galicia dos séculos XII e XIII, unha Galicia feudal, nunha etapa de gran desenvolvemento no comercio, na agricultura, no asentamento da población...

    c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.
    A Cantiga de amor trata dun amor non correspondido, o sufrimento que sinte o trobador ao non poder conseguir o amor da "senhor".
    Subxéneros da Cantiga de amor: Dependendo da súa estructura podese falar de :
    Cantigas de refrán : repetición do último verso da estrofa. Con características da lírica popular galega.
    Cantigas de mestría: compostas por poemas de sete versos , imitadoras das cantigas provenzais.
    Recursos:
    Dobre: repetición dunha mesma palabra ou grupo delas .
    Mordobre: repeticion de palabras dunha mesma familia léxica.
    Atá-finda: a frase iniciada no último verso dunha estrofa complétase na seguinte.
    Funda: estrofa máis breve situada al final da cantiga que serve de resumo.

    ResponderEliminar
  26. Lírica trobadoresca:

    Adrián Basanta 3ºA

    a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto?

    Debese a que a autóctona era aquela que se forma no pobo, e a culta era a lingua da nobreza e os reis medievais.

    b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

    A lírica relixiosa e aquela que vai dirixida a Virxe co obxetivo de rezarlle. A profana polo contrario sempre se cantaba fóra do ámbito relixioso e litúrxico.
    Os cancioneiros son os que recopilaron todos estes temas.
    A lingua trobadoresca nace no Século XII XIII en Galicia.

    c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.

    "AS CANTIGAS DE AMOR"

    TEMA: Sufrimento de amor por non poder estar coa súa senhor.

    SUBXENEROS: Cantigas de refrán e de maestría.

    RECURSOS:Dobre,mordobre,atá-finda,findo.








    ResponderEliminar