martes, 18 de novembro de 2014

Deporte a esgalla!

No Tema 2 hai deporte a esgalla, a embute, a darlle cun pau, deporte a varrer... Pois estudemos o léxico relacionado co mundo dos deportes. Vós, as rapazas e os rapaces de 1º de ESO, collede impulso!
Montaje creado Bloggif


  LÉXICO NOS DEPORTES



Para ler na aula: clica aquí.



Para escribir na aula: sube un comentario, con corrección ortográfica, dous parágrafos e identificación, nesta entrada : "O meu deporte favorito é..."

4 comentarios:

  1. O meu deporte favorito é o triatlón que é: natación, ciclismo e atletismo. Tamén me gusta o fútbol e o meu equipo favorito é o CELTA. O ano pasado ía a triatlón o deporte é moi importante para a vida cotiá.Por que é san.
    Paula Gueimunde Fernández 1º a

    ResponderEliminar
  2. O meu deporte favorito é o fútbol, porque xa desde cando era pequena o meu pai era adestrador dun equipo de fútbol de Celeiro, que era o Porto Celeiro. Viaxamos por moitos pobos de Galicia como A Coruña, Ferrol; fomos ata Ponferrada...
    Hoxe en día xogo ao fútbol no instituto, pero poucas veces. O fútbol feminino está pouco potenciado polas institucións, inda que o club feminino do Burela F.S vai moi ben.
    Iria Basanta 1ºA

    ResponderEliminar
  3. O meu deporte favorito é o fútbol, o meu equipo favorito é o Real Madrid
    Marcos García Rolle

    ResponderEliminar
  4. A min os deportes paréceme divertidos e importantes para a saúde .Son tamén moi divertidos en progamas coma estes nos que aprendemos as regras como xogar...
    Eu fóra do horario escolar practico fútbol e baloncesto en Celeiro, no equipo da ANPA do colexio de Celeiro Pedrosa Latas.
    Eu quero Sabela que sigas subindo cousas destas para que aprendamos mais e chegar se algo de maiores.
    Grazas.

    Adrián Basanta Timiraos . 1º A Nº:3

    ResponderEliminar