xoves, 19 de novembro de 2015

Como redactar a noticia.




3 comentarios:

  1. Os alumnos do Ies María Sarmiento outra vez reunidos,esta vez pola dirección do centro.
    “3º de ESO desilusionado pola mala redación do xornal.”
    A comunidade educativa está preocupada pola imaxe que se poda dar deste centro.

    O 17 de novembro os alumnos de 3º de eso foron reunidos no salón de actos na cuarta hora da mañá pola dirección do centro. O director amosábase preocupado pola noticia que expoñía o xornal na primeira portada, xa que se falaba deste instituto.
    Esta reunión convocouse porque o venres anterior os alumnos foron ao teatro Pastor Díaz para falar sobre a violencia de xénero e ver unha película sobre o bullying e o sexting nos institutos, logo destas actividades houbo mesa redonda cun experto en casos de violencia e cunha actriz galega. Había prensa sacándolle fotos aos alumnos, xa que se vían interesados polo asunto que se estaba a tratar.
    O xornal publicou unha foto na que os estudiantes estaban coas mans levantadas,contestando á pregunta da actriz invitada ao debate, sobre quen tiña redes sociais e cales eran.
    A confusión xerouse porque o xornal publicou a foto asociada ao texto escrito que dicía se alguén tiña constancia de observar ou sufrir casos de bullying e sexting.
    De aí a dirección sacou a conclusión de que a prensa manipulara a información coas imaxes.
    Desde a dirección do centro, nesta reunión cos alumnos, aconsellóuselles que se alguén vía ou era vítima de acoso escolar se puxese en contacto coa orientadora do centro para resolver da mellor maneira o caso.
    Unha das mestras que estaba na reunión, propuxo facer unha foto, enviala ao xornal, solicitándolles que rectifiquen unha nova malinterpretada, por unha nova máis axeitada cara o labor que se desempeñou no teatro Pastor Díaz o venres 13 de novembro.


    PATRICIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ 3ºA

    ResponderEliminar
  2. NOTICIA. PAULA ALONSO COBELO. 3ºB


    O ACOSO ESCOLAR

    Pequena charla sobre o bullying e sexting falado anteriormente cos alumnos do IES MARIA SARMIENTO.

    -Un malentendido formou unha gran disputa entre os profesores e os alumnos do centro.
    O titular foi "El acoso en las aulas, realidad dolorosa" e unha imaxe cos alumnos levantando a mau, este titular foi doloroso no centro.
    Isto sucedeu o pasado o 13 de Novembro do 2015 , no Teatro Pastor Díaz, e tras ver a noticia ao día seguinte, o director do centro convocou en inmediato un breve encontro para falar da noticia fallida, xuntounos no salón de actos do instituto. A causa de xuntarnos no instituto foi para queixarnos desa noticia que nos doeu, xa que foi incorrecta.
    No teatro ensinaronos un pequeno filme sobre o bullying e o acoso escolar no que nos fixeron algunhas preguntas .

    O encontro foi magnífico xa que o pasamos moi ven pero o dito, ese malentendido provocou unha enorme disputa

    ResponderEliminar
  3. “Violencia de xénro, algo contra o que loitar”

    Os alumnos do IES María Sarmiento participaron nun proxeto para saber máis sobre violencia de xénero.


    O día 13 de novembro os alumnos do IES María Sarmineto de Viveiro foron ao Teatro Pastor Díaz a ver unha película titulada “Sexting in Suburbia” que trataba sobre o sexting ou bullying que acontece tanto nas escolas como fora delas.
    Despois do filme, estiveron debatindo nunha mesa redonda sobre a película con Elias Casal, experto en Polícia Nacional; a actriz Estívaliz Veiga; Ana Abal e Marga Fernández, psicologa e avogada do CIM de Viveiro e a propia Lara Fernández, concelleira de Viveiro. Os temas que máis se trataron foron: cómo ulilizar as redes sociales, que imaxes subir, os celos entre as parexas, o control do móvil por parte dos acosadores etc.
    Os alumnos particiaron moito nesta actividade e deron a súa opinión.
    Isto todo e devido a que o día 25 de novembro se celebrou o “Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller”.


    Noelia Gómez Fernández 3ºC

    ResponderEliminar