luns, 12 de outubro de 2015

luns, 4 de maio de 2015

Para traballar as Letras galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde


Filgueira Valverde por R. Masiá
Imos traballar ao autor das letras galegas deste ano: Xosé Filgueira Valverde.
O primeiro recurso que ides estudar é o  texto de Os nenos (1925). Déixovos aquí o enlace. Está en formato pdf. Para acceder clicade na imaxe:


Cada alumno, individualmente, escollerá un relato e traballarao: lectura, busca do léxico no Dicionario RAG, anotando no caderno todos os datos que recolla.
Ha de ter claro a idea principal do texto, saber facer un breve resume, e poñerlle un título.

Unha vez feito isto, pasaremos á segunda parte do traballo.

En grupos de dous, abriremos unha conta en Canva.com , unha aplicación gratuíta que nos permite facer infografías e na que presentaremos o traballo do noso relato.
TEMAS DE OS NENOS:

Mapa Mental creado con GoConqr por Isabel Mª Barcón

venres, 1 de maio de 2015

Traballando o texto poético.

Este trimestre estamos traballando o texto poético e iniciándonos no comentario de texto. Aquí van algúns dos traballos que facemos, O libro que traballamos é Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.Ao longo do trimestre leremos tamén O meu gato é un poeta de Fran Alonso. 
Ademais facemos unha incursión polo campo da publicidade que seguiremos desenvolvendo en seguintes sesións.

Para ver os vosos traballos clicade na imaxe.


mércores, 8 de abril de 2015

Introdución á Sintaxe.


Chove.


A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)

Consellos para analizar os elementos dunha cláusula (proposición, oración): suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.

1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estárá oculto (elidido) e hai verbos impersoais . O sol sae por alí. Chove moito

2.- Predicado

2.1.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)

2.2.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa

2.3.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)

2.3.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo: onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.

2.3.2.- Se observamos que o verbo esixe (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite

2.3.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.

2.3.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.

2.4.- Procuramos o complemento circunstacial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...

2.5.- O reflexivo case sempre é complemento directo, tamén pode ser recíproco, pronominal ou reflexo (pasiva)

Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días

2.6.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós

luns, 23 de marzo de 2015

Lendo Rudi Fuciños. Comentario


Sube un comentario nesta entrada seguindo estas pautas:

  • Pos un título á escena, seguindo o visto noutras entradas.
  • Redactas un 1º parágrafo comezando así: "Nesta ocasión, o protagonista..."
  • Redactas un 2º parágrafo que manteña relación co anteriorque ten que conter as seguintes palabras: espazo, policía, veciños, A illa do tesouro.
  • Pos o teu nome e curso e envíalo.

2ª opción

Seguirás os mesmos pasos indicados salvo o punto terceiro, que o substituirás polo seguinte:

  • Redactas un 2º parágrafo que manteña relación co anteriorque ten que conter as seguintes palabras: Arbeit macht frei (O traballo faravos libres), pesadelo, esquecemento, memoria, Holocausto.
  • Pos o teu nome e curso e envíalo.

Rudi Fuciños, I

 










CUESTIÓNS

1.Que fai o señor Buselmeier máis tarde?

2. Quen é Susi Tifón? E Comas Douradas?

   "-Mil raios- dixo o presentador- quen podería pensar que este pequeno salvaxe sabería correr tan rápido? E aínda tivo tempo de parar a comer polo camiño. Ha!,Ha!,Ha!.Por ser o gañador, Rudi recibirá..."

3. Que comeu? Que gaña/n? Explica este fragmento.



luns, 16 de marzo de 2015

Comentario de texto.


Traballo 


O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título  e a idea principal do seguinte texto.


MODELO A SEGUIR:

  1. Revisamos a teoría no libro de texto.
  2. Lemos o texto proposto para o comentario.
  3. Facemos un borrador individualmente.
  4. Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.

O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Repasamos o cómic.




































Repasa os conceptos aprendidos na banda deseñada.
1. Localiza exemplos dos diferentes tipos de plano. 
2. Atopas algunha elipse temporal? 
3. Localiza signos cinéticos.
4. Explica algunha onomatopea.
5. Describe algún personaxe.
6. Sintetiza os feitos que se contan na historia.

luns, 23 de febreiro de 2015

Autoavaliación para o 1º exame da 2ª.

Que sabes dos Temas de exame? (Autoavaliación para presentarse ao exame)
Le atentamente estas preguntas e avalía o que saberías responder (5 se o souberas responder perfecto, 1 se non souberas nada)Tes que ser sincero contigo mesmo porque aínda podes estudalo.
NOTA IMPORTANTE: Todas estas preguntas son clave para o exame. Será un exame práctico, pero para facelo ben hai que repasar a teoría.