Amosando publicacións coa etiqueta 1ª avaliación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1ª avaliación. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de novembro de 2016

A Cantiga de amigo ( A voltas con Pero Meogo )

Aquí temos unha Cantiga de amigo de Pero Meogo. Que facemos con ela?
  1. Lela con atención
  2. Intentar comprendela ben para saber dar unha boa explicación do tema, da idea principal, argumento,...
Como facemos isto? Documentándonos. Onde? Nun Site (lugar, sitio) Pódese expresar como un punto en Internet cunha dirección única á cal acceden os usuarios para obter información.

O obxectivo é que sexades quen de extraer información da rede.
Cal é esa páxina onde nos documentamos? A seguinte: 


Unha vez localizada a páxina, explorada (ver que información se pode sacar dela) contestaredes un cuestionario.






xoves, 13 de outubro de 2016

Técnicas para facer un bo esquema. Unha nova tarefa.





E AGORA A FACER PRÁCTICA:CLICA AQUÍ.


Ézaro
TAREFA
Sube o teu esquema nesta entrada. Lembra os pasos, identificarte con nome e curso e sobre todo a corrección lingüística. Respecta os prazos de entrega e lembra que forman parte do 20% da avaliación. 





Xéneros na Lírica trobadoresca.



Make your own mind maps with Mindomo.

PAUTAS PARA O COMENTARIO DUN TEXTO:




xoves, 29 de setembro de 2016

Traballos para días sen profa.

Pergamiño Vindel

Ola, rapaces! Canto me tarda vervos! Perdoade o abandono destes días. Espero poder compensalo.
Imaxino que co tempo libre que tivestes esta semana as tarefas do texto expositivo sexan de 10. Heinas revisar nos vosos cadernos cando volos pida.
NOVA TAREFA
Velaquí van as tarefas para esta semana:
1. Lectura e subliñado do tema  da Lírica medieval galego - portuguesa (No tema 2 e 3 do libro de texto) Como non teño libro aquí e traballo co móbil, que non me obedece ben, direivos o que quero que sinteticedes. Podedes utilizar o libro de texto, páxinas de Internet,...

PARA DOCUMENTARSE:

a) Hai unha lírica popular de tipo autóctono e outra máis culta...A que se debe isto?

b) Por que falamos de lírica profana e lírica relixiosa? Que pintan nisto os Cancioneiros? En que contexto histórico nace a lírica trobadoresca?

c) A Cantiga de amor: temas, subxéneros, recursos.

PASOS

1. Borrador no caderno das vosas pesquisas.

Poñedes a data para ver o día que traballastes e canto. Non podedes esquecer a corrección ortográfica.

2. Pasamos a limpo o borrador ordenándoo en parágrafos cunha certa xerarquía e claridade.

3. Esquema (coas pautas xa vistas na aula)  do aprendido.

4. O esquema subídelo a esta entrada de blog identificándovos adecuadamente: nome e curso. Os apelidos non son necesarios, salvo confusións.
A avaliación do traballo entrará dentro desa porcentaxe do 20 % de traballos, actitude e demais...

Para visionar: 
O Pergamiño Vindel: preme no enlace:  https://youtu.be/FeWdmmBRcwQ

Traballo subenota

Escrita: Redacta un breve texto sobre a importancia do PV. Mándao nun procesador de textos, como arquivo adxunto a sabelaals@gmail.com.



mércores, 9 de decembro de 2015

Sobre a avaliación de Lingua galega e literatura no 1º trimestre 2015/16.

Que imos ter en conta na 1ª avaliación?



Dous traballos en grupo: 40% nota de avaliación. Súmase a nota de cada traballo e faise a media.

O primeiro traballo é unha presentación en Drive sobre a lírica medieval; a data límite de entrega era o 29 de outubro (Vid. o calendario http://galegodosarmiento.blogspot.com.es/2015/10/traballos-en-grupo-3-eso.html ).Esta presentación puntúa sobre 2 p. e a exposición oral outros 2 p.
Segundo traballo en equipo: creación dun libro de matemáticas infantil con ilustracións e trilingüe. A data límite de entrega é o 10 de decembro (pode ampliarse dous días...); puntúa 4 p.

Dúas probas escritas : 40% nota de avaliación. A 1ª proba pode consultarse na páxina de avaliación deste blog e en breve aparecerá a segunda proba. A segunda proba tiña unha cuestión puntuada con 2 p que se facía na casa e entregábase ou en papel ou por correo electrónico como arquivo adxunto; consistía na redacción dunha noticia.A data límite de entrega era o 27 de novembro (Vid. o calendario do curso na columna da dereita).
3. Traballo individual: 20% nota de avaliación.Faise na casa e dáse un prazo dunha semana para presentalo:

TODOS AQUELES ALUMNOS QUE NON FIXERON O SEU TRABALLO CANDO DEBÍAN PODERÁN FACELO NAS VACACIÓNS DE NADAL, NON ANTES DAS NOTAS, SENÓN DESPOIS. TAMÉN É UNHA BOA OCASIÓN PARA REPENSAR CANTO TEMPO LLE ADICAMOS Á MATERIA E CANTAS VECES RECORREMOS AO BLOG DE AULA. OS PAIS PODEN VISITALO, VER A PARTICIPACIÓN DOS FILLOS E COMPROBAR , CON ELES, SE VISIONAN OS CUESTIONARIOS DE PREAVALIACIÓN QUE SE PRESENTAN ANTES DE CADA PROBA, POR EXEMPLO.
              



mércores, 2 de decembro de 2015

martes, 17 de novembro de 2015

Un titular desafortunado.


Partimos dunha noticia que nos afecta. O venres 13 de novembro os alumos de 3º fomos a unha sesión de cine organizada polo CIM de Viveiro co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Vimos a película Sexting in Suburbia e seguidamente houbo unha mesa redonda para debater os temas que saían no filme. Penso que foi unha experiencia interesante para todos, pero recibimos unha sorpresa desagradable ao ler os titulares da prensa do sábado 14. Nós non saímos coa impresión que transmite o xornal.
Sería posible redactar os titulares doutro xeito? Esa é a nosa proposta de traballo.



luns, 16 de novembro de 2015

Nova tarefa: matemáticas con arte.

Pablo Picasso, O muíño de Horta, 1909. Óleo sobre lenzo, 24.8 x 38.2 cm, MOMA, New York


Base de datos para consultar a pintura cubista :Amantes del Arte en el Exilio

Consultar pdf aquí: cubistas

Tradutor : aquí.

Dicionario RAG: aquí.

Taboleiro de ilustracións en Pinterest: aquí



mércores, 11 de novembro de 2015

A nosa familia lingüística. Formación da lingua.



Mapa lingüístico na Península Ibérica antes da chegada de Roma. 
Mapa cargado por Davius

Linguas célticas (indoeuropeas). Lingua ibérica (non-indoeuropea). Vasco (non-indoeuropea).
Mapa da expansión das linguas romances na Península Ibérica.




                                                        with Tagul.com