Calendario dos traballos en grupo 1ª aval.
Presentación do traballo.OUTROS BLOGS DA AULA
Amosando publicacións coa etiqueta Traballo en equipo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballo en equipo b>. Amosar todas as publicacións
luns, 12 de outubro de 2015
xoves, 29 de xaneiro de 2015
Tarefa para a semana do 29 ao 5 de febreiro.
Ola, rapazas e rapaces! Como esta semana estiven enferma e faltei déixovos dúas entradas; unha con dous "collages" sobre o léxico do tema 5 e unha nova tarefa para facer en parellas na vindeira semana.
Etiquetas:
2ª avaliación,
Tarefa 7,
Traballo en equipo
sábado, 20 de decembro de 2014
Coas receitas á cociña!
![]() |
| Mrs Beeton's Book of Household Management |
Actividade
Na 1ª avaliación en 1º de ESO estudamos o texto de instrucións e as súas características. Decidimos escribir unha receita de cociña e gravar un vídeo seguindo as pautas que estudamos.
Obxectivos
- Redactar un texto de instrucións con orde e claridade.
- Utilizar secuencias numeradas ou ben adverbios e/ou locucións adverbiais.
- Utilizar o infinitivo ou o imperativo.
- Ampliar o léxico da cociña
- Utilizar a lingua galega en distintos ámbitos.
- Mellorar no traballo en grupo.
Contidos
Os alumnos traballan en grupos de 4. Fan un esquema sobre os textos de instrucións.
Despois, por parellas, elixen unha receita que saben cociñar. Fan un borrador na aula, indicando os ingredientes e o proceso de elaboración. Unha vez revisado, pasan o texto a un libro de receitas da aula.
Nas súas casas cociñarán a receita e coa axuda dos pais, irmáns,... gravarán o vídeo que se subirá a unha conta de YouTube.
TIC
Móbil ou cámara de fotos.
YouTube.
Algúns vídeos:
Etiquetas:
1ª avaliación,
As instrucións,
Tarefa 6,
Tipos de textos,
Traballo en equipo,
vídeo
martes, 18 de novembro de 2014
Lendo Palabras de auga, I
Lectura do libro na aula
Sentados en equipos de catro, lede e comentade en equipo o seguinte cuestionario a Calveiro ( preme na ligazón):
Como facedes?
Un alumno le a pregunta.
Un segundo alumno le a resposta que dá Marcos.
O terceiro alumno busca palabras que non se entenden no dicionario.
O cuarto alumno anota esas palabras buscadas. É imprescindible anotalas segundo se marca no dicionario.
Debate no grupo
Opinades sobre como é Marcos segundo o cuestionario. que vos parece., se vos axuda a coñecelo... É irónico? É contraditorio?
Escrita
Escribides a vosa reflexión no caderno e o voceiro do grupo vaina ler en voz alta ao final da clase.
CUESTINARIO PARA O GRUPO
1. Palabras de auga gañou un premio en 2012. Saberías dicir cal?
2. O fillo primoxénito de Ngugi chámase...?
3. Na vivenda de Jala hai só como moble....
4. Indica outro título da narrativa de Calveiro.
5. En que lingua están numerados os capítulos do libro?
6. No capítulo Moja Ngugi describe o País Lomba e mais axúdalle Amadou. Recolle literalmente a descrición.
7. Como se describe a Ngugi neste capítulo?
8. Cando deixa o pai de contarlle a Amadou a historia do chui?
9. Como se chama o xamán da tribo? E a tribo?
10. Que pasa se cae a lanza que chanta o xamán na terra?
Etiquetas:
1ª avaliación,
Debate,
Exposición oral,
Lectura comprensiva,
Libro de lectura,
Traballo en equipo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





