Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de decembro de 2015

sábado, 20 de decembro de 2014

Coas receitas á cociña!

Mrs Beeton's Book of Household Management

 Actividade

Na 1ª avaliación en 1º de ESO estudamos o texto de instrucións e as súas características. Decidimos escribir unha receita de cociña e gravar un vídeo seguindo as pautas que estudamos.


 Obxectivos

  • Redactar un texto de instrucións con orde e claridade.
  • Utilizar secuencias numeradas ou ben adverbios e/ou locucións adverbiais.
  • Utilizar o infinitivo ou o imperativo.
  • Ampliar o léxico da cociña
  • Utilizar a lingua galega en distintos ámbitos.
  • Mellorar no traballo en grupo.

Contidos



Desenvolvemento


Os alumnos traballan en grupos de 4. Fan un esquema sobre os textos de instrucións.

Despois, por parellas,  elixen unha receita que saben cociñar. Fan un borrador na aula, indicando os ingredientes e o proceso de elaboración. Unha vez revisado, pasan o texto a un libro de receitas da aula.



Nas súas casas cociñarán a receita e coa axuda dos pais, irmáns,... gravarán o vídeo que se subirá a unha conta de YouTube.

TIC

Móbil ou cámara de fotos.
YouTube.

Algúns vídeos:


mércores, 10 de decembro de 2014

Frases Feitas. Ampliando o léxico.

Imos ver uns exemplos de presentacións para traballar a fraseoloxía do galego. Son traballos feitos polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Nós non imos  mellorar á Universidade, pero podemos ser creativos, moi creativos. Así que a proposta é para vós.
Primeiro botádelle unha ollada ás presentacións aquí.


Proposta de frases para traballar: seleccionade as que vexades nos seguintes enlaces:

- Refráns galegos (pdf).Aparecen moitos despois da introdución e por orde alfabética.


mércores, 19 de novembro de 2014

Novembro, mes da ciencia en galego.Comentamos curtas científicas.

ROMPENDO AS REGRAS:  BREAKING THE RULES

O vídeo Breaking the Rules, integrado no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaba de recibir o seu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou a curtametraxe co Premio do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules). Con este  proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.



O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título  e a idea principal do seguinte vídeo:


O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.

MODELO A SEGUIR:

  1. Revisamos a teoría no libro de texto.
  2. Vemos o vídeo proposto para exemplo e lemos o comentario.
  3. Facemos un borrador individualmente.
  4. Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.

EXEMPLO:




Tema:
 A estratexia de adaptación das algas "noctiluca scintillans".

Idea principal:
A idea principal do vídeo é explicar a vantaxe que ten para as algas  noctiluca a produción de bioluminiscencia; con ela combaten aos seus predadores que se volven máis fráxiles ao adquiriren bioluminiscencia. 

Título: 

"Se me comes, hache pesar!"


venres, 12 de setembro de 2014

Benvida a un novo curso.


Ola a todos e benvidos a un novo curso! 
Estamos moi contentos de empezar esta andaina con todos vós. Esperamos que xuntos academos grandes logros na aprendizaxe, medremos como persoas felices e que o pasemos superbén! 
Comenzamos????
Vexamos este vídeo para empezar:


Cal cres que que é o enunciado que mellor recolle o tema do vídeo ?

  []Coa maxia todo é doado de facer

 []Poñéndolle amor ao traballo e colaborando conséguense grandes cousas.

  []Se algo non che sae ao primeiro intento, abandoa.