Amosando publicacións coa etiqueta Escrita creativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escrita creativa. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de febreiro de 2016

Textos formalizados, II: a convocatoria.



Dentro dos textos formalizados, vimos que unha das modalidades é a convocatoria, un texto dirixido a un grupo (neste caso a dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos). Trátase do concurso "Lingua de namorar"  do que deixo aquí o enlace para que leades e por suposto vos animedes a participar.  


A valoración será como "traballo subenota".


Documento pdf coas bases da convocatoria

Para que vos animedes deixo aquí os premios por categorías:








venres, 31 de outubro de 2014

Antoloxía de textos de Santos e Defuntos.

Esta é unha selección dos  relatos que escribimos para celebrar a festa de Santos e Defuntos, Samaín ou Halloween; tanto ten, o que conta é lanzarse á escrita e ser creativos. Penso que o conseguiron de sobra polo que me sinto moi orgullosa destes campións. A utilización  dun documento compartido en  Google Drive era algo novo para todos, así que non todo o mundo chegou a subilo como se pedía, pero entregouno noutro formato e tamén é válido.
Penso que como lección se pode tirar que acudir aos clásicos como Castelao e a  este relato Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, sempre é un acerto. Seguen sendo un modelo para todos. E senón vede aquí: para agrandar o texto clica na publicación.