Le con atención a seguinte presentación e despois envía o cuestionario.
OUTROS BLOGS DA AULA
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura comprensiva b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura comprensiva b>. Amosar todas as publicacións
venres, 18 de novembro de 2016
luns, 4 de maio de 2015
Para traballar as Letras galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde
Imos traballar ao autor das letras galegas deste ano: Xosé Filgueira Valverde.
O primeiro recurso que ides estudar é o texto de Os nenos (1925). Déixovos aquí o enlace. Está en formato pdf. Para acceder clicade na imaxe:
Cada alumno, individualmente, escollerá un relato e traballarao: lectura, busca do léxico no Dicionario RAG, anotando no caderno todos os datos que recolla.
Ha de ter claro a idea principal do texto, saber facer un breve resume, e poñerlle un título.
Unha vez feito isto, pasaremos á segunda parte do traballo.
En grupos de dous, abriremos unha conta en Canva.com , unha aplicación gratuíta que nos permite facer infografías e na que presentaremos o traballo do noso relato.
TEMAS DE OS NENOS:
Ha de ter claro a idea principal do texto, saber facer un breve resume, e poñerlle un título.
Unha vez feito isto, pasaremos á segunda parte do traballo.
En grupos de dous, abriremos unha conta en Canva.com , unha aplicación gratuíta que nos permite facer infografías e na que presentaremos o traballo do noso relato.
TEMAS DE OS NENOS:
luns, 23 de marzo de 2015
Lendo Rudi Fuciños. Comentario
Sube un comentario nesta entrada seguindo estas pautas:
- Pos un título á escena, seguindo o visto noutras entradas.
- Redactas un 1º parágrafo comezando así: "Nesta ocasión, o protagonista..."
- Redactas un 2º parágrafo que manteña relación co anteriorque ten que conter as seguintes palabras: espazo, policía, veciños, A illa do tesouro.
- Pos o teu nome e curso e envíalo.
2ª opción
- Redactas un 2º parágrafo que manteña relación co anteriorque ten que conter as seguintes palabras: Arbeit macht frei (O traballo faravos libres), pesadelo, esquecemento, memoria, Holocausto.
- Pos o teu nome e curso e envíalo.
Etiquetas:
2ª avaliación,
Comentario,
Lectura comprensiva,
Libro de lectura
mércores, 17 de decembro de 2014
Lectura
Para ler preme aquí.
martes, 18 de novembro de 2014
Lendo Palabras de auga, I
Lectura do libro na aula
Sentados en equipos de catro, lede e comentade en equipo o seguinte cuestionario a Calveiro ( preme na ligazón):
Como facedes?
Un alumno le a pregunta.
Un segundo alumno le a resposta que dá Marcos.
O terceiro alumno busca palabras que non se entenden no dicionario.
O cuarto alumno anota esas palabras buscadas. É imprescindible anotalas segundo se marca no dicionario.
Debate no grupo
Opinades sobre como é Marcos segundo o cuestionario. que vos parece., se vos axuda a coñecelo... É irónico? É contraditorio?
Escrita
Escribides a vosa reflexión no caderno e o voceiro do grupo vaina ler en voz alta ao final da clase.
CUESTINARIO PARA O GRUPO
1. Palabras de auga gañou un premio en 2012. Saberías dicir cal?
2. O fillo primoxénito de Ngugi chámase...?
3. Na vivenda de Jala hai só como moble....
4. Indica outro título da narrativa de Calveiro.
5. En que lingua están numerados os capítulos do libro?
6. No capítulo Moja Ngugi describe o País Lomba e mais axúdalle Amadou. Recolle literalmente a descrición.
7. Como se describe a Ngugi neste capítulo?
8. Cando deixa o pai de contarlle a Amadou a historia do chui?
9. Como se chama o xamán da tribo? E a tribo?
10. Que pasa se cae a lanza que chanta o xamán na terra?
Etiquetas:
1ª avaliación,
Debate,
Exposición oral,
Lectura comprensiva,
Libro de lectura,
Traballo en equipo
Deporte a esgalla!
No Tema 2 hai deporte a esgalla, a embute, a darlle cun pau, deporte a varrer... Pois estudemos o léxico relacionado co mundo dos deportes. Vós, as rapazas e os rapaces de 1º de ESO, collede impulso!

Para escribir na aula: sube un comentario, con corrección ortográfica, dous parágrafos e identificación, nesta entrada : "O meu deporte favorito é..."
Etiquetas:
1ª avaliación,
Comentario,
Deportes,
Lectura comprensiva,
Léxico,
Portal das Palabras,
Tema 2
xoves, 6 de novembro de 2014
Facemos crebacabezas con Marcos Calveiro.Arrinca a lectura do libro da 1ª avaliación.
Un crebacabezas ou quebracabezas é un xogo que consiste en combinar un certo número de pezas ata formar unha figura.
Non esquezades a tarefa que tedes pendente:aquí.
Non esquezades a tarefa que tedes pendente:aquí.
Marcos Calveiro
O pintor do sombreiro de malvas
Centauros do Norte
Etiquetas:
1ª avaliación,
Comentario,
Crebacabezas,
Lectura comprensiva,
Libro de lectura,
Tarefa 5
venres, 31 de outubro de 2014
Antoloxía de textos de Santos e Defuntos.
Esta é unha selección dos relatos que escribimos para celebrar a festa de Santos e Defuntos, Samaín ou Halloween; tanto ten, o que conta é lanzarse á escrita e ser creativos. Penso que o conseguiron de sobra polo que me sinto moi orgullosa destes campións. A utilización dun documento compartido en Google Drive era algo novo para todos, así que non todo o mundo chegou a subilo como se pedía, pero entregouno noutro formato e tamén é válido.
Penso que como lección se pode tirar que acudir aos clásicos como Castelao e a este relato Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, sempre é un acerto. Seguen sendo un modelo para todos. E senón vede aquí: para agrandar o texto clica na publicación.
Etiquetas:
1ª avaliación,
Castelao,
Drive,
Escrita creativa,
Issuu,
Lectura comprensiva,
Santos e Defuntos
luns, 27 de outubro de 2014
Escribimos por defuntos.
Tarefa para a semana: do 27 de outubro ao 30.
Etiquetas:
1ª avaliación,
Documento compartido,
Drive,
Lectura comprensiva,
Redactamos,
Tarefa4
mércores, 17 de setembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









