ROMPENDO AS REGRAS: BREAKING THE RULES
O vídeo Breaking the Rules, integrado no proxecto de difusión científica Divulgare da Universidade de Vigo, acaba de recibir o seu recoñecemento. O festival virtual internacional Hollywood Shorts Reel 14 galardoou a curtametraxe co Premio do Xurado ao Mellor vídeo de animación (Breaking the Rules). Con este proxecto suma xa 14 galardóns internacionais.
O noso traballo será subir un comentario nesta entrada indicando o tema, un título e a idea principal do seguinte vídeo:
O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.
O traballo farase por parellas; o comentario será coma sempre, con corrección ortográfica e debidamente identificados os dous alumn@s.
MODELO A SEGUIR:
- Revisamos a teoría no libro de texto.
- Vemos o vídeo proposto para exemplo e lemos o comentario.
- Facemos un borrador individualmente.
- Consensuamos o escrito definitivo que imos subir ao post. Revisamos a ortografía e o léxico.
EXEMPLO:
Tema:
A estratexia de adaptación das algas "noctiluca scintillans".
Idea principal:
A idea principal do vídeo é explicar a vantaxe que ten para as algas noctiluca a produción de bioluminiscencia; con ela combaten aos seus predadores que se volven máis fráxiles ao adquiriren bioluminiscencia.
Título:
"Se me comes, hache pesar!"